01/06/2009

Eu son un caramelo Solano (Cadáver exquisito 1ºC)

Ola de novo!!!!



Como aínda non podo colgar os sonetos (máis que nada porque non os teño aquí, e tampouco me dá tempo no recreo a pasalos)vou colgando primeiro os cadáveres exquisitos empezando, como non, polo de 1º C, ao que titulei Eu son un caramelo Solano, va que mola? xD


Eu son pija
demasiado pija
pero bastante lista
son un chiguagua
o da pelicula
era moi feo
e tamén tonto
caramelo solano ao rescate.
Jo que rico! no?
si que o Madrid perde a chapions
raposa busca esposa
wapa nena caeu
Gústanme as piruletas
a min tamén me gustan
todo iso é o que son eu.



Non está nada, pero que nada mal :P


Moitas grazas a Daniela por envialo e, ata a próxima actu...




Bks 1000!

25/05/2009

Concurso de sonetos

Olaaaaaaaaaaa!


Canto tempo dende a última vez que pasei por aquí, eh!


Antes de nada, pedir desculpas por non facer algo que prometera, e é a publicación dos sonetos gañadores no concurso que fixemos en Chapela. Axiña os colgarei, pero de momento non tiven tempo co lerio este da mudanza, o insti novo, conseguir conexión...


En fin, unha liada, pero prometo que, en breves, aparecerán por aquí os sonetos, vale?

Ah, por certo, que xa me esquecía. Gustaríame que alguén me pasara os Cadáveres Exquisitos, para poder colgalos tamén, que quedaron moi chulos, vale?



Bks 1000!

01/10/2008

Premios ESO 2008

Ola de novo!!!!

A verdade é que sei perfectamente que este blog leva demasiado tempo parado, sen que se lle engadiran contidos novos.

Para iso, obviamente, hai unha razón, e é que non tiña moito sentido actualizalo se non tiña visitas, máxime cando nestes momentos os destinatarios deste blog, ou sexa, as miñas alumnas e os meus alumnos non existen (refírome, obviamente, aos actuais).

Logo, este post vai dirixido a aquelas persoas que o foron no pasado, e non é por outra razón que felicitar a algunha delas por estar admitida no proceso de selección dos Premios ESO 2008.

En primeiro lugar, quérome acordar de tres mozas que ben o merecen, aínda que ás veces pareza que me esquezo delas:

Laura Naveiras

Eva Losada

Lorena Pérez

As tres do IES Agra do Orzán, no que tan bos momentos pasei e, por que negalo, moitos deles grazas a elas.

Aínda así, especial mención merece, creo eu, outro dos admitidos, David Rodríguez, que acode a este premio na outra categoría, e é que o espírito de superación, as ganas, o esforzo e a ilusión por avanzar son sinónimo do seu nome.

A todas elas e a el, moitos parabéns, porque xa é un éxito acceder a ese listado, pero tamén moitísima sorte e xa sabedes: quen gañe xa pode ir convidando a unha cea ou algo así, hehhee.

Para todo o mundo en xeral...

Bks 1000!

22/05/2008

Dalle de mamar en galego...

Imaxinade que alguén tivera as súas fillas e os seus fillos na máis absoluta miseria para deixarlle unha fortuna de herdanza.

Imaxinade que non lles deran de comer máis que unha vez ao ano, día no que lle deran unha enchente de comida.

Imaxinade que non lles contaran nada da súa vida e que llo contaran todo nun libro anos despois.

Pois ter fill@s e non falarlles na nosa lingua é algo similar, así que xa sabedes...






Por certo... a música, de Quempallou, claro...


Bks 1000!

28/04/2008

Vagos do mundo... A currar!


Ola!
Que tal vai todo?
Xa levaba uns días sen deitar nada por aquí, así que vos vou deixar unha novidade. Ben, realmente non é unha novidade porque xa levan tempo publicados, pero eu acáboos de descubrir.

Se es dos que deixan todo para a última hora. Se a mera idea de pasar máis de media hora diante de algo que lembre minimamente a estudos. Se, en definitiva es o que coñecemos como VAGO, pois tranqui, que aínda é posible salvar o curso.

Xa sei que é algo estraño que un profe recomende algo de El Rincón del Vago, pero desta vez vale a pena:

Trátase do seu manual Empollología para Vagos, onde ides atopar consellos bastante prácticos de como preparar o voso lugar de estudo, de como concentrarvos mellor, de que, como, cando e onde estudar e esas cousas.

Vale, non vai estudar o libro soíño, pero digamos que axuda bastante, así que xa sabedes: a chapar e ata a próxima...



BKS 1000!

13/04/2008

Sementeira




Moi boas a todas e todos!
(Como vedes fun deixando de usar @, que non é cousa de non predicar co exemplo).
Como levaba isto algo saturado co tema das letras e aínda non baixei as fotos de Mallorca para o Caderno de Viaxe (vale, son algo desastre con estas cousas, pero xa se sabe que os "artistas" somos xente de pouco sentido, hehehe) pois vou retomar o tema do dance en galego e como a algúns lles mola a canción de Sementeira, de Fuxan os Ventos e máis como xa vos dixera que existía unha versión en "Música empacadora" déixovos aquí o enlace e máis a ver se dou posto o reprodutor para que a poidades escoitar directamente dende aquí. A melodía de Sementeira aparece en 2 minutos ou así, pero tranquis, que acaba soando.

Conste que eu xuraría ter escoitado unha versión con letra, pero non vos preocupedes, que se existe heina atopar, e se a atopo, tamén a pendurarei.
Esta é de Soniko Db. A ver se vos gusta e un recordo aos artistas orixinais, que non sei que tal lles parecerá que lles tuneen as cancións, pero isto dos picas évos así.

http://www.goear.com/listen.php?v=6c73f80

Espero que lle mandedes uns bailes (tipo Eva ou outros pasos calquera...) e que recibades entre bit e bit...


BKS 1000!

10/04/2008

Letras 08 (II)- O Año Pitaño

Ola de novo!!!!

Pois como xa vos dixera (quen avisa non é traidor) eu vou seguir á miña aínda que ninguén se pase por aquí, e vouvos seguir rompendo a cabeza co tema das letras. Axiña colgarei cousiñas da viaxe a Mallorca, pero mentres non teño as fotos preparadas e tal, vouvos deixar un poema de Álvarez Blázquez que está incluído na obra Roseira do teu amencer que, como vos iremos explicando máis polo miúdo vía Tamara, Lara e mural do corredor, é unha obra que lle dedicou á súa filla "Colorín" ao nacer, xa que para el o feito de ser pai supuxo o descubrimento dunha morea de sentimentos novos que nunca imaxinara.
Trátase logo de poesía infantil, moi apropiada para lerlles aos pequenos e pequenas, así que se tedes irmáns xa sabedes, seguro que lles vai gustar. Velaquí vos deixo o vídeo deste poema titulado O Año Pitaño.




Agardo que vos guste (aínda que igual xa ides algo grandiñas e grandiños)e...


BKS 1000!