28/04/2008

Vagos do mundo... A currar!


Ola!
Que tal vai todo?
Xa levaba uns días sen deitar nada por aquí, así que vos vou deixar unha novidade. Ben, realmente non é unha novidade porque xa levan tempo publicados, pero eu acáboos de descubrir.

Se es dos que deixan todo para a última hora. Se a mera idea de pasar máis de media hora diante de algo que lembre minimamente a estudos. Se, en definitiva es o que coñecemos como VAGO, pois tranqui, que aínda é posible salvar o curso.

Xa sei que é algo estraño que un profe recomende algo de El Rincón del Vago, pero desta vez vale a pena:

Trátase do seu manual Empollología para Vagos, onde ides atopar consellos bastante prácticos de como preparar o voso lugar de estudo, de como concentrarvos mellor, de que, como, cando e onde estudar e esas cousas.

Vale, non vai estudar o libro soíño, pero digamos que axuda bastante, así que xa sabedes: a chapar e ata a próxima...



BKS 1000!

2 comentários:

O profe disse...

ben, pois como vedes, o tamaño da portada quedou en plan churro, pero xa vos ensinarei o libro en realidade, a ver que vos parece.

Bks 1000!

Anónimo disse...

OLA!!
Pouco teño que dicir ao respecto de "o rincón do vago" porque iso xa me queda un pouco lonxe, aínda que teño entre mans "materia" que seguramente será víctima dese espazo tan denostado por uns e visitado, venerado? por outros.
Escribo este comentario facéndome eco das túas queixas polas poucas respostas que tés ás túas propostas. Non te desanimes, isto é cuestión de insistir. Pode que ao principio teñas que "obrigar" aos teus alumnos (dilles que vas poñer algunha pregunta do exame aquíe que teñen que contestala nun comentario, jejeje), despois todo vai rodado...
E que non decaiga!!