10/07/2007

Sing Star, hehe.

Ola! Como vai ese verán? Visto que a canción do último día só a puiden facer en 3º A, non fora ser que alguén me denunciase por maltrato ao ver como saía o persoal chorando coma magdalenas (segundo Markinhos Drinkin´tamén se aceptan corn flakes e máis galletas), visto tamén que moita xente me "esixiu" coñecela, e con esta conexión coa que é a segunda vez que intento colgar este post tampouco se poden facer marabillas, déixovos aquí a letra, para que os que non a coñecen poidan ver que tampouco é para tanto, e os que a oíron poidan opinar friamente. Porfa, non vos riades, que xa sei que non son Sabina compoñendo precisamente, pero fíxeno con todo o cariño.Aí vai:
Creo,
que volo vou escribir todo nun papel
sempre fun algo cobarde para comprender
que un verso non pode falar por min.
xxxxxx
Todos,
me dicían que isto non era pra min
que ensinando non podería nunca ser feliz
moitas grazas por axudarme a seguir.
xxxxxx
Quero saber
como hei facer
pra podervos esquecer
e non sufrir máis ao vos lembrar.
Como partir
se deixo aquí
a metade da miña alma?
Levareivos sempre no soñar.
xxxxxx
Sodes,
esa xente que me axuda a soportar
esas horas tan amargas da miña vida
todo daría por nunca ter que marchar.
xxxxxx
Creo,
que vou pasar na cama todo o verán,
non me importa estar durmido así poido soñar
esas cariñas que me alegraban as mañás.
xxxxxx
Quero saber
como hei facer
pra podervos esquecer
e non sufrir máis ao vos lembrar.
Como partir
se deixo aquí
a metade da miña alma?
Levareivos sempre no soñar.
Vedes como non era para tanto? É que a miña cabeciña tampouco dá para moito.Aínda así, como é de ben nacidos ser agradecidos, teño que citar a X.M. Estévez e a J. Lou, porque me inspirei no esquema das estrofas dunha canción súa de fai unha morea de anos, e é que a min agora non se me dá nada ben o pop. Ala, a opinar!!!!

5 comentários:

Area disse...

ola!!fodr...se non era pa tanto...!!a pena e que non todos puideron escoitala da túa maravillosa voz!!e que o noso profe, bueno...ex-profe :(, ten moito factor X!!hahaha!!dentro de pouco saldra en SON DE ESTRELAS, jejeje!!:P

Non, en serio, foi moi bonita...e aláganos moito que ti te tomaras as molestias de escribila para nos. Realmente parecenos moi boa, e gustaríanos podela escoitar, e as que xa a escoitamos non nos importaría repetir o momento e escoitala, aínda que a poder ser...sen bagoas nos ollos!!:S

por certo, cambiando de tema: pra cando se conecte pabl8... xa nin ve as curiosas preguntiñas que lle fixemos ¬¬


Bueno...pasadeo ben...e tedes que poñer unha fotiño vosa na praia, hehe ;)

Pd: abel, fixeches os exames??que tal te saíron??

Moitos bikosssssssss!!

Asinado:

A.R.E.A

(Nestes moments MarTuKy & Eva)

O profe disse...

Ola, xentiña! Efectivamente si, si, si, por fin rematei os exames! En canto a como me saíron... non sei moi ben que vos dicir. Saíron, e agora o como que o poñan os do tribunal, tereivos puntualmente informados. bks 1000!!!!!

Anónimo disse...

ArT! :

Ola !¡ Que tal? Espero que ben!
Canto tempo... e que nunca me lembraba de preguntarlle a Eva a páxina do blog... pero non penses que non me lembrei !!

Esa canción é preciosa... deixa sen palabras !! =) Eu si que compoño fatal comparado con iso... e sen comparalo pode que tamén, pero bueno...

Espero que pases un bo verán... coma nos que non facemos nada en todo o dia... "Mais estudar e menos pasear" non? xD A ver se non pasa moito tempo ata que nos veamos outra vez.

Voume despedir xa que son as 00:25

Deika outra... Moitísimos bikos !¡


ArT!

Anónimo disse...

holaa que tal!! yo bien e espero que ti estes igual imaxino que si porque ti nunca estas mal hehehe en canto a cancion pareceume maravillosa compós moi boas cancions agora tiñas que aparecer ahi ti e mais pablocho pra cantala e os dous formades o mellor grupo de galiza hehehe seguro que os dous cantades moi ben avelino a tua cabeciña dá pra compoñer cancions de este tipo e da pra moitas cousas mais tou convencido non convencidisimo hehehehe é desexote moita sorte e espero que che sairan xenial é desexote toda a sorte do mundo e todo o meu apoio e espero que o aprobases hehehe sempre hay que ser positivo e pensar que che sairon ben asi nunca marchas coas dudas do que puseches no exame creeme, espero que estes pasando un bó veráo bueno teñoche que deixar que sepas que a cancion gustoume moito e gustariame ve-la como cantas jejeje
chaoo unha aperta moi forte pra ti avelino é outra pra pablocho pra que non haxa celos ni pelexas dun co outro hehehehehe

MARQUINHOS

O profe disse...

Ola a tod@s de novo!
Moitas grazas polas vosas mensaxes, antes de nada, e ademais unha moi calurosa benvida a Art (por que o blog non permite que asines á man? Que mágoa... A canción nin é boa nin moito menos mellor que as de Art, pero que se lle vai facer. Se estudara de cativo, pero dedicábame a facer o ganso e así me foi, hehe. Bikiños 1000 e ata a próxima conexión, que dirían os da telegaita, hehe.