11/09/2007

Quen podería poñer nomes a sentimentos?

(Nota: Recoméndase a lectura deste post escoitando “Caixa de Roseira”, de Faltriqueira)(Algúns de vós tédela no e-mail)



“Che sarà, che sarà, che sarà?
Che sarà della mía vitta,
chi lo sà?
Se sonno molto o sonno niente
domani se vedrà
e sarà, sarà quell´ che sarà”

Sandro Giacobbe

“ Coma ao final dun escuro túnel,
ao final do curso vemos a luz,
e coa intensa luz os ollos
énchense de bágoas”
Lau, Andrea, Lore e SMS.

Como diría Markinhos Drinkin, pois si amigos, que putada! Efectivamente agora si que chegamos ao final definitivo do curso, ao final definitivo dun túnel, ao comezo definitivo dunha intensa luz, “una luz cegadora, un disparo de nieve”, que dicía a canción.

Como vedes na cita da dereita, hai quen compara este momento coa fin dun túnel, comparación perfecta, desde logo, pero a min gústame máis comparalo (aínda empregando realmente a mesma metáfora) co final dunha longa noite, mais non cunha longa noite calquera, nin cunha noite enorme de tronos e pesadelos, senón unha longa noite de doces soños, unha longa noite de plácido durmir, seguro como un está coa súa compañía de trasnos, princesas e meigas (imaxinari@s?).

Así pois, coma ao final dunha noite (e tamén ao final dun túnel) ao espertar vese a luz, mais sempre ten que haber un nunca maldicido de abondo espertador que nos devolve á vida, a unha realidade que, por desgraza habitualmente, non nos gusta tanto coma as nocturnas vivencias do mundo irreal dos soños.

Cal é logo a diferenza entre este espertar e os terribles espertares de todos os días? Pois a diferenza real radica en que, normalmente, non podemos lembrar a totalidade do soñado, de feito moitas veces en canto espertamos xa non logramos acordarnos de nada, mais neste soño, neste durmir case eterno, as visións conservaranse na memoria para toda a vida, coma o soño máis real e ao mesmo tempo máis fantástico vivido nunca.

Pois ben. A dura realidade cotiá agarda aí fóra, así que, se me desculpades, voume erguer e tentar enfrontarme a ela coa máxima gallardía que poida, aínda co lastre de ter que comparar sempre o que vexa neste duro e longo día que me espera e que non coñezo nin podo predicir en absoluto (non teño nin idea de por onde han ir as miñas viaxes neste barco de nubes e soños) co vivido durante un ano (+/-) feito noite, un ano non vivido, senón soñado.

O bo que ten, agora que o penso, é que, se mo permitides, sempre poderemos soñar espertos, e dende logo eu estarei sempre aquí, disposto a ocupar a través destas letras os soños de quen mo solicite. Se vós estades tamén dispost@s, eu comezarei a soñar agora mesmo...

Quizais xa soe a tópico, pero agora máis que nunca e con bágoas ben grandes nos ollos dígovos Ata a próxima e...
BKS 1000!

6 comentários:

LaU disse...

Jus :'( k bonito...k const k esa comparación é miña k se m da bn escribir cousas raras...fixen un borrador 1º pareceulles bn deron ideas e kita isto e pon isto e en fin kedou así :-)!!

Pois si este é o derradeiro final...ou non? eu teño a esperanza d k non...xa saes pk primo!! :P:P:P:P

Nah nn croe k pase nada...en fin ti fala bn d min e xa ta :P:P!!...we ainda k nn creo k pase nada pero we...eu smpre d pesimista :P

en fin abel k t kerooo!!!!!!!

e a kimi tb!!!!!!!!!!!

LaU disse...

we..pois k aki ninguen lle pon nada ao profe ou k?? aiss k xente mais mala eh!!

pois eu k m propuxen bater records en tdo...pois xa está bato o record d poñer cmentarios en menos d 24 horas...e si son 2 no mesmo blog :P:P

pois x firmart asi bn merecia un agasallo non? ( cun reloxo do super martes conformome eh!! ) XDDDDDDD

ai mima, pero k bunita a comparacion...pero a coña é k so puxeches iso d 7 follas k escribin co meu puño e letra!!!!!!xa t vale eh!! seguro k as remataches d keimar ¬¬!! e ao mono manolo tb!! ¬¬ !!

Aisss vais profe k tems...xa estas voltando cara o agra pk mira, facems unha pocion multixugos dsta,( pedimoslle axuda a harry potter k teño o seu mail) transformamst no profe k veña, e xa está!! dasns ti as clases e punto!!

aiss se é k eu buscando solucions son moi boa :P:P verda? sisi os autografos amis tarde k agora teñome k duchar e logo mollanse as libretas, camisetas e demais souvenirs k keredes k vos firme XDDDDDDDD

bikossssssss!!!!

keremsteeeee!!

e a kimi tb!!! XDDDDDDDDDDDDDDD

LaU**

LaU disse...

pd: xa mestas firmando no meu ftolog eh primo!!

LaU disse...

Olaaaaaaaaa!!!

Ante todo m8 grazas x non esquecernos, e polo q escribiches, que a verdade foi moi bonito!!ah!!x certo, son eva, e que a miña conta esquecina e xa m deixa lau a súa..e lau..se non deixei ningun comentario ants..foi polos problemillas k teño ultimamnte co meu ordenador e que abel xa coñece!!XD!!

Eu aínda espero que este ano poidamos vivir un un soño tan perfecto coma o do ano pasado xunto a ti!!e que se non se da o caso(xa que nonkero facerme ilusions ants d tmpo) spero k sigs lmbrandonos…e que a psar d k sexams unhas enanas as veces un tanto insoportables…sabs k podes cntar cn nos!!

Moitos bikos!!!!!Ata prontooo!!

LaU disse...

olaaa!!somos lau e eva...k como dis ti andms enganxadas o msn, haha!!e que acabams d xegar a casa d dar unha volta...e qcomo non tms outra cousa k facer..pois aki tms...hehe!!

hehe!!m8 nos rims onte eh!!hahaha!abel a verdade e que polo msn expresast moi mal...as tuas frases dan moito k pnsar...e a dos 5 minuts...hahahaha!!foi boisimaaaaa!!haha!!

x certo o de lau ia en coña e esperams k non o tomaras a mal, xa sbs e que lau cndo bebe...vaiselle m8, hahaha!!

semellamos ser as únicas q deixams comntarios,:s. Bue..k konst k marta non deixou ningun xk ta d vacas(marta pa k vexas k nos lembrams d ti eh)

x certo... a eterna pregunta:













Cando...













e como...
















saberas...











se estas preparado para...ejem...
















VOLVER A CORUÑA!!!??


xa stabas pnsando mal..ai as hormonas...hehe!!e dspois falas d nos eh...ai k ver!!sta xuventude...


non te enfades x isto...non insistirems + nesa pregunta cndo keiras xa nolo diras...e non t enfades eh!!:)

bks 1000(plaxio)!!xd!!

Marta disse...

oLaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa..............mI madriña, canto tempo sen pasarme por akí =)

aIIIi...qe bUnitooo..ti sempre tn sentimental profe =) qe riKInhO!!! hehe!!

A idea de lau e moi boa si, asi qe xa podes ir volvendo pra o agra,eH!!! ¬¬
E que? ainda nn sabes onde vas a estar este ano??eSperemos que en Coruña, pero se non é asi esperemos que nos veñas visitar todos los dias ^^ ou case todos polo menos, hhe!

Por certo,de parte de AREA que lle digas a Pabl8[xa qe el nunca se pasa por aquí e nos ten olvidadas=(] que xa qe decidiu arreglar(ou iso dixo) o seu correo e facer un novo que se deixe de Pableras, e que poña Pabl8, como ten que ser, de pableras nada!!!!!!!!

E bueno, iso, que se eu non escribin antes é poruqe non podia, que se non, eu son a primeiriña ^^ [Eva e Lau...gRazas por acordarbos de min haha]

wEnoooooooooooo...ata a proXImaa......e avisa cando sepas algo do qe vas facer este ano,eh!!!

abUriñOooooOoOOoooO


qEremosteeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee =)