29/08/2007

Bótovos de menos!!!!


Pois nada, que andaba eu fedellando na rede e púxenme a mirar unhas cousas moi chusquiñas que ofrecen na Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega), así que decidín poñer esta postal pensada para dicirlle a alguén que o botas en falta. Ademais desta, hai outra morea delas, para felicitar aniversarios, casamentos, para dicirlle a alguén que se poña bo cando está enfermo... E todo en galego, e de gratis!
Ademais, tamén ofrecen horarios, etiquetas e cousas así para os cadernos. Se vos mola pasade por alí, veredes como flipa o voso seguinte profe de galego (que eu aínda soño con selo, pero a ver...) Veña, por hoxe máis nada, que me botan do ciber, só dicirvos QUE XA ME TARDADES,hehe.
Coma sempre, bks 1000!

1 comentário:

LaU disse...

olaaa!! pois nada aki firmandote coma sempreee!! aiss se xa facia k nn m pasab eu x aki...pero se hai k pasarse pois unha se pasa e punto en boca...

en fin spn as 11 da noite e nn m fai escribir m8 asi k xa m pasarei mñn ou ais cn mais calma ok??

kerote profeee!!!!!