16/08/2007

O Profe na Fervenza

Ola de novo!!!! Aínda que pareza mentira, que sempre estou a dicir que estou liadísimo, que non teño tempo para nada e non sei que máis historias, o certo é que algunhas noites aínda teño algún tempo para ir de festa, sobre todo en datas sinaladas coma o sábado pasado, que a poucos quilómetros da miña casa se fixo a festa do Encoro da Fervenza. Este encoro, un dos que ocupa maior superficie do noso país levou por diante na súa construción aldeas enteiras e boa parte dos campos que cultivaban os veciños das aldeas que quedaban, pero hoxe aquí ímolo mentar por unha boa causa. Fai unha morea de anos, os veciños de Antes (Mazaricos) comezaron a celebrar unha Xincana Automobilística (unha carreira de coches, vaia) nas terras pertencentes ao encoro que quedaban secas no verán. A festa foi medrando e fóronselle engadindo actividades: carreiras de cabalos, exposicións e feiras relacionadas coa agricultura, xogos populares, concertos e, nos últimos anos, unhas grandes festas ás que adoitan ir as mellores orquestras do país. Eu, que aínda sendo folki tamén teño a miña faceta verbenera, estiven alí este ano para ver as tres orquestras que actuaban: Olympus, Panorama e París de Noia. Eu, como vou tarde e con présa a todos lados, só vin o segundo pase desta última no que estaba, como non, SuperWilson. Había mogollón de xente, pero aínda así puiden falar un anaquiño con el, que me deu saúdos para todo o insti, a algunhas alumnas directamente, porque había algunha que outra por alí gozando da festa, e ao resto envíovolos eu, hala!! Por suposto, hai fotos e vídeos, e por suposto tamén, son un churro, así que de momento haise que conformar cunha foto do trompetista quitada da páxina web, pero espero que en breve alguén me facilite algunhas de maior calidade que poida colgar por aquí. Coa foto de Wilson gustándose déixovos ata a próxima. Que sigades pasando un moi bo verán e vémonos en breve. Bks 1000!


2 comentários:

Marta disse...

Mira Wilson que cara de concentración..hehe!!! Ese profe si que sabia musica, nn cmo a nosa, que encima chamanos "Gentuza" e logo ns viene cn un Globito..xDDDDDDD!! hehhe!!!

Aiii Profe Profe, qe morro tes, que moito dis qe nn tes tempo pero ben qe renovas o blog, pero eu non vexo a nosa ddedicación no fotlog,eH!! Vou empezar a pensar que 3ºC importache unha merDa! ¬¬ E nn qero pensar iso,eH!! asi qe xa estas renovando e dedicandonslo ¬¬
Hhhehe!!Ou se nn qeres a 3ºC podes dedicarllo a Area, qe tmpouco pasaria nada ^^


AiinNNss...que xa falta pouko pra Septembro =) e oplo tanto pouko pra volveros a ver..wUahahhhaha!! hehe!! qe gUaiiiiiiii =P xDDDDD

vEña pROfe..disfruta o qe qeda do verán!!!

bIkoOOSSSssss!!!!!!!!!!!! =P
qEremosteeeeeeeeeeee

Anónimo disse...

hola avelino que tal? eu moi ben aqui pasando o rato un pouco bueno pois non tes porque pedirme desculpas entendinno ben pois por iso non te preocupes que pra iso estoy eu e perdono todo ok? tas perdoado bueno pois espero que desfrutases da berbena de Mazaricos por certo un bonito lugar que eu xa estiven alí algunha vez porque meu pai e tamen dun pobo cercano a Santa Comba concretamente e de Zas jejeje bueno pois estes dias anteriores non che puiden deixar un comentario porque andaba un tanto extresado pero we unha vez que estoy mellor pois aqui tou bueno pois simplemente que desfrutes do pouco que queda de verán é sobretodo que desfrutes dos meus regalos que espero que che gustasen bueno chao apertas mil