01/06/2007

La casa gris

Como me metín no youtube para baixar o vídeo de keympa ocorréuseme que tamén podía poñer este. Son un grupo asturiano que se chama Llan de Cubel, e son bastante bos. Aínda así, preguntarédesvos porque aparece aquí o seu vídeo. Pois ben, a ver quen acerta a atopar nos compoñentes do grupo cal é curmán de Pablo, o profe.

8 comentários:

Lau & Eva disse...

Olaaaaaaaaaa!!que very, very strong!!XD!o curman de pablocho...aiiii!!!XD!!ainda que a verdade a nos ningun deles se nos parece a pablo...pero bue... tras moito meditar chegamos a conclusion, de que o curman é...O QUE CANTA, tamos no certo?? que pena que no video non salera tamen pablinho, :P hehe!!

que profe dentro de poco teras que ser o poximo en poñer ti un video teu cantando ou asi, non??hehe!!

mOiTiSiMoS BIcOs!!

Marta disse...

Buff..non teño nin idea! eu opino igual que laura e eva, pero por dicir algo eh! non hai ninguén que se pareza ó noso querido profesor plabinho, ou como dirias ti: Pablocho! hehe!! é broma, sabes que o digo con cariño ^^

É certo, haber cando apareces ti nalgún video, hehe!! un día destos vémosche en "Factor X", ou incluso en Luar, quen sabe! hehe!!

Ale, AburInhO!! =P BiQuInHoS!!!

Alex disse...

Oooooolala!!!!!!
nunca escribin nada aqui... nom sei por que... mais lin todo o que publicaches(coma se foses escritor, hehe) Esta clarisimo que o curmán de Pablo...( ia continuar mais nom me sobro tanto coma marta, eh!!) ainda que todos sabemos o que lhe segue... que mal!!!. Boh!!! xa me estou indo coas minhas cavilacións, ao que ia: por favor facèdeme un redobre de tambor brbrbrbrbr!!!!! o curmán de Pablo è... o loiro!!! o que canta vamos... esta clarísimo.Aínda que se nos ponhemos a sacar parecidos... milhor calo hehehe(risa de mala)
Ai! se acertei que me vas dar????

En fin, paro xa que hai que facer travalhos...
Ale, deica!

Pd.Corrixiches o meu comentário?!!
O martes é o exame e nom tenho modelos para seguir,aínda que bem sei que o meu querido Pondal nom entra... Xa haberá tempo de lucirse com el no seguinte exame hehehe...(risa de mala, outra vez)

Marta disse...

Benvida Alex..xa iba sendo hora de que escribiras algo ,eh!

Oeeee, que eu non me sobro con meu queridinho Pablinho..hehe!! E Alex, nom es a máis indicada pra falar, que ti e máis Eva ben que vos riades do de Pablocho o venres pola tarde, ou vasme dicir que non?? ¬¬ hahahaha!!!( como dirias ti, risa de mala)

Iso, iso, se acertamos co curmán de Pablo (non sigo pra que non digades que me sobro, pero ben sabedes que o digo con carinho), bueno, ao que iba, se acertamos eu penso que cun puntinho máis na nota final estría ben, ou non? hehe!

Ale, Aburinhoooo!!!

Por certo, olvidouseme preguntar unha cosinha o outro día, no exame entra vocabulario, non verdade? dime que non, que se non dame algo, xa hai bastante que estudar como pra poñerme a chapar o vocabulario..hehe!! Xa verás profe, vou sacar polo menos un....7 vale? paréceche ben? hehe

Beuno, agora si...x) BikinHoOOOs!! AburInHooOOO!!

LaU disse...

Olaa!! Alex benvidaaaa!! xa estas enganchada ao blog de galego hehe!! Somos máis XD
O exame do venres pono facil eh!! asi a preguntas faciles cmo p exemplo caracteristicas dos libros de rosalia, de kn era filla, k eran os seculos escuros, k pasou coa loita dinastica...asi faciliño ( podes coller esas preguntas pa o exame k non teñen copiright nin na diso!!) bueno en fin pois nada q xa m vou despedindooo!! bikooosss!!

Pd: profe fainos felices e pon un video teu cantando a da maria da fonte...alex agradeceracho!! XDDDD

O profe disse...

Ola mozas! Grazas polos comentarios. Alex, benvida ao blog, espero que che guste. Eva, feliz aniversario, que aínda que foi onte ao final non logrei colgar o comentario.
Por partes:
Acertastes. Pregunteille onte (eu tampouco o sabía) e resulta que efectivamente é o que canta.
En canto a un vídeo meu cantando, se vale facendo coros xa o tedes. Do outro hainos, pero non os vou colgar aquí nin de coña, hehehe.
No que respecta aos comentarios de Alex, dareinos na seguinte clase (e a do martes non conta, que temos a proba) e no que respecta ao vocabulario, obviamente non volo vou dicir, pero suponse que o vocabulario non hai que estudalo, que cando se aprende xa se usa e xa se sabe, digo eu.
Ou sexa, que en resumo, non vos vou contar nada do exame (risa de malo, malo, malo, pero malo que te pasas hehehe).

LaU disse...

eeee!!! se eke eva e eu fms as primeiras...hhehehe!!! era elemental querido watson...^^
Agora un chupa non? asi d risas hehe...profe se caritativo cn terceiro B!!! somos bo@s rapax@s pero algo rebeldes...pero kn non o é ou foi a estas idades eh! hehe
veña bikos k vou facer o traballo de morning star ainda k xa cho digo agora ás 19 h paro k hai f1!! bikooosss!!

O profe disse...

Pero se será perdida esta rapaza! Así e todo, abandonar un traballo da miña materia para ver a Raikkonen... Pero mulleriña, se vai con casco (xa sabes, sinónimo de crepúsculo, hehe) e non se sabe nin sequera se é el ou outro! Deixa, deixa...
P.S. Eu igual aínda era máis rebelde ca vós, e xa se encargou a vida de recomendarme deixar de selo (ala! batalliña do avó!), así que eu recoméndovos... Que o sigades sendo, que demos!