06/06/2007

Un doce para a lingua

Eu, para non contradicir ao Pondal cando dicía aquilo de que as "meniñas da Cruña" deberiades falar galego, vou seguir co meu, a ver se ao final vos dou liado. Para iso volvo a un concurso do que xa vos falei, "Unha imaxe para a lingua" para rescatar esta foto. Chámase "Un doce para a lingua" e é a mensaxe que estes días abafantes de calor e exames vos quero transmitir: a vosa voz ao falar galego é doce coma un chupa-chups (vale, tamén se aceptan Koyaks) ao se derreter na boca, así que cada vez que vos acordedes falade galego, veredes como vos vén un saborciño a sugus de piña, hehehe. Sorte a tod@s e vémonos na clase.

4 comentários:

Marta disse...

Ese profeeeeeeeee, que puso un exame facilinho! Que bo es profe..hehe! E pensar que o ano que ven xa non estarás =( ohh! xa che vale, eh!! ¬¬

Tes que poñer videos teus cantando ,eh! hahah! Se cantas ben profe, que más che da!

Hahaha!Os koyaks, milhores cos chupa-chups...hehe!

Veña profe, en honor a ti, vou intentar falar máis galego, vale? hehe!

Por certo, o últimos día de clase, cando subamos ó escenario pra cantar as canciós de música e facer un pouquinho o ridículo, vas estar? Poderías cantar con nos..hehe!!

Ale, marcho a comer, que xa van sendo horas...
Aburinho!!!! Deica..Bicos!!

LaU disse...

Olaa!! hehe. Bueno pois aki somos lau,eva,yaya[soraya],emma e marta unha vez mais.
Tes k poñer un video teu cantando a de maria da fonte eh!!
jus...profe...imoste botar moito de menos!!se e que nunca tivemos un profe coma ti!!moitas grazas por todoooo!!e esperamos que nunca te olvides de nos...porque nos na vida te esqueceremos. As nosas conversas, os teus xistes, as tuas bronkas...Esperamos volverte a ver e que algun dia nos visites e tomamos un café e un sugus se fai falla!!Se non si tal imos p ahi e de orzaneo :P:P:P!!
Tesnos k mandar algun correo para dicirnos que estas ben e que non nos botas de menos:(
queremoste m8!!!sentimolo se algunha vez decepcionamoste ou faiamoste, porque non era a nosa intención!!sentimolo moito!!

QuErEmoStE MoItIsImOoOoOoOo!!

sandrinha disse...

Ola profe!! é a primeira vez que escribo aquí...
Estou con Alex en informatica, coa de sociais[cara de asquiño].

E xa te vale profe anoxarte comigo polo exame de hoxe k eu non fixen nada[cara de boa...].

MARTA CUÑI QUÉROTE!!!!!!!A ti tamén Abel HeHeHe[mira k me mata isto dos agás].
Alex:
oola!!!!!!!! nom me lembres o do concursooo... pois iame presentar e foiseme a data de entrega!!!! mais bem sabe marta que a idea era bastante boaaa

O profe disse...

Ola moz@s! Que tal ides suxeitando a presión destes últimos días?Eu dende logo teño as miñas dificultades para aguantar, pero ánimo que a vós xa vos queda pouco. Vou respostando pouco a pouco, vale? En primeiro lugar, o do video clip do profe está complicado, que me dá moito corte. Despois, que eu tamén vos vou botar moito de menos, pero aínda quedan uns días para marchar, e aínda non é seguro que non volva, así que non adiantemos acontecementos. O último día por "desgraza" (póñoo entre aspas porque non sei como melloraría a vosa calidade musical) non vou poder estar, que estarei de exames; para que vexades que eu tamén os teño, e por último, Sandrinha, sei perfectamente que non estabas a facer nada malo, pero nalgunhas ocasións é máis importante parecer honrada que selo. A ver se subo algo, aínda que realmente non se me ocorre grande cousa...