01/06/2007

Soidade

Como recordaredes, días atrás estivemos a ver a obra de Rosalía, e unha das ferramentas que empregamos para achegármonos a ela foi a música, de maneira que escoitamos dous poemas seus musicados. Un deles foi o coñecidísimo "Adios ríos, adiós fontes", que escoitamos na voz de Sandra Córcoles, cantante dun grupo catalán que fai música folk galega chamado keympa. Pois ben, desa canción, á que eles chaman "Soidade" fixeron un video-clip chulísimo, así que déixovolo aquí por se o queredes ver, pero non enrededes moito que hai que estudar!

3 comentários:

LaU disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
EvA disse...

ola!!a verdad e que me gustou a cancionciña, tes un bo gusto!!hehe!!
pa que vexas que non so escoitamos os 40 principoides, eh !! XD

MoItOs BiCoS!!

Marta disse...

Eva ten razón, non so escoitamos os 40, tamén escoitamos Viva María da Fonte, jeje! A cancioncinha está ben.. ;)

BiquinHoOOoS!! =P