25/05/2007

A última das letras 07

Ben, para rematar xa coa serie de post sobre as letras galegas (máis que nada porque aínda han chegar as do ano que vén e eu aquí ás voltas con estas) como sabedes onte houbo un acto no que, ademais de poder ver ao profe facendo un pouquiño o ridículo e a outros profes lucíndose como ten que ser, se lle fixo unha homenaxe a María Mariño, por ser a homenaxeada do día das letras deste ano, pero tamén a Luísa Villalta, con quen moita xente do instituto tiña vínculos persoais, e á que se lle fixo tamén unha homenaxe nas xornadas da muller ante o espello.
Ao remate do acto entregáronse tamén os premios do concurso literario do día das letras e do día do libro, dos que catro foron para usuarias deste blog, así que aproveito para felicitalas e, por que non, para felicitarme a min tamén. Ben seguro que se non tiveran un profe tan bo non levaban tantos, hehehe. Eu é que me teño que loar a min mesmo que vós non o facedes...
Póñovos un vídeo da actuación parecida á de onte que anda polo youtube, que aínda que ten pouca calidade pódese ver máis ou menos. Ata a semana que vén!

2 comentários:

Marta disse...

Jajaja!! Mira ti que guapos todos os os profes cantando!! O mellor es ti, por suposto, jajaja! E pensar que eu non estaba alí ese día...=(

Gañamos o premioooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!! Ieeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!=D! E ademáis o primeiro, aínda que parezca o ultimo, porque dez euros, vaia merda.....pero polo menos ...algo é algo!! =/
O certo é que é grazas a ti, porque, se non existiras ou non nos deras clase non escribiriamos esa historia, jejeje!! Grazas profeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!¡!¡¡! Non sei que fariamos sen ti, jejeje! Querémoste profe.......=P !!

Ale, Bicos!!!

Aburinho!!

O profe disse...

Ola Marta! Grazas por deixar un comentario. O certo é que o premio resultou un pouquiño cutre, é certo, pero recoñece que ao final, de escribir o que menos importan son os premios. Ben seguro que cando dixeron que erades as gañadoras en ningún momento pensastes nos cartos, e eu ben oín os berros dende o escenario...
Non fai falta que me fagas a pelota, que os dous sabemos que con outro profesor calquera o resultado sería o mesmo, cunha historia un pouco diferente, así que, xa sabedes, se o ano que vén non estou debedes de seguir sendo igual de especiais. Ata outra!