04/05/2007

Xa estamos poñendo escusas...

Vale, pode soar a pretexto, pero neste post só vos quero pedir disculpas porque non seguín co da viaxe a Portugal. Non é que pase, intentareino rematar á volta da fin de semana, pero estes días teño moito traballo e ademais, como poderiades apreciar na clase, estou maliño da gorxa e hoxe pola noite, tan axiña como saia das clases, voume meter na cama, nin rede nin historias...

Veña logo, vémonos para a semana, que espero vir con voz e con "SUGUS" para todos, para que Cris vexa que non son tan odioso como ela pensa.
Pasádeo ben!!!

8 comentários:

LaU disse...

boin boin boin!! Facendolle a pelota a cris xa xa xa xa!!!!
Aquí creo que t2 pillams mal de gorxa na excursion...a culpa foy do rio que ao mollar os pes pois doe a gorxa...eu tiña razon cando me pillou a ola en riazor e sara e eva riranse...hehe!! we aqui parece que so poñemos comentarios eva e eu...:S
veña un saudoo!!

pd: os sugos de piña a ser posible (A)

Marta disse...

Olaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

Non sei que poñer.. :p, que tal?
Xa che vale profe que non me levaches a excursión eh!Eu tamén quería ir! Co ben que me porto eu!! Jeje! Que non molesto nin nada!...Xa podes ir organizando unha para fin de curso para todos os terceiros, vale? Jaja!

Laura, eu tamén poño comentarios...jejeje!

Ala, bo fin de semana.... un saludooooooo!

PD: podes subirme a nota se queres por escribirte algo, vale?! =D

Marta disse...

Viva María da Fonte,
viva María da Fonte,
con dúas pistolas na maooooo
con dúas pistolas na maooooo


e así non? jeje

Eva disse...

pobriño o profe... a cousa xa se vía vir...e que tanto cantar ó final trai consecuencias...!!e mira que nos avisamoste eh!!XDD

ah!por certo gustoume a idea de marta, podias subir nota eh!! :P

bikos!!

Marta disse...

Jajajaa!!Ala Profe, xa sabes, xa podes ir subindo a nota eh! gañamos por maioria....jijiji!As miñas ideas sempre son boas..jeje!

Querémoste profeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!! [boing boing] =P

Viva María da Fonte,
viva María da Fonte,
con dúas pistolas na maooooo
con dúas pistolas na maooooo


E pousa pousa pousa e non me toques naquela cousaaaaaaaa laralalaralaraaaaaaaaaaaaaaaaa...

Bikos!!

O profe disse...

Do de subir nota nin de coña. Dádevos conta que pola mesma regra de tres, eu, que escribo máis que vós, tería que ter unha notaza e seguides poñéndome a mesma, hehe. En canto ao da gorxa, non pode vir da viaxe (que non sería raro á temperatura que estaba o río aquel no que metín os pés) porque as miñas dores de gorxa non duran tanto, o que pasa é que unha semana dando clase pásalle factura a calquera, e eu tamén son humano...

Anónimo disse...

Xa, o dos sugus espero que sexa para todos xD.Marta tqmmmmmmmmmmmmmm!!!jo profe eu tamén quería ir á excursión esa ;) Q palo me da cantar diante de todos esas cancións tan antigas...CREO QUE O MERCORES NON VOU Ó INSTITUTO.MOITOS BIKOS

LaU disse...

Profe non é por mal pero eu metin máis que os pes e ...we tampouco foi pra tanto!!e o de subir nota seria un incentivo XD ademais ti xa es profe xa nada, agora tocat a ti subirnola aos demais jejeje :P