15/05/2007

E dalle coas letras...

Como imaxinaredes, estes días vouvos dar bastante a lata co tema das letras galegas, pero é que coa escusa desa celebración non paran de aparecer actividades relacionadas coa lingua, sobre todo na rede. María Mariño só publicou dous libros de poemas en galego, pero a súa figura agocha detrás unha impresionante historia, sen a que é imposible saber os motivos da súa escasa obra. Para aclararnos máis sobre a súa figura, a Xunta preparou unha páxina bastante ben feita e que, supoñamos, valerá de aquí en diante para todos os anos. Para quen teña curiosidade, www.17demaio.com.
Ademais, unha das empresas que máis iniciativas promove sempre por este tempo, que vén sendo Vieiros (xa sabedes, o xornal electrónico galego) está a buscar unha imaxe para a nosa lingua. O que se intenta atopar é unha foto ou un vídeo que represente o noso idioma. Aínda que só hai premio para a foto e vídeo vencedores, todas elas sairán publicadas na páxina web, cousa que non está nada mal. Se vos animades, tedes máis información en www.vieiros.com/unha-imaxe-para-o-galego.
E xa por último, que hoxe estoume poñendo algo pesado, sabedes que o noso centro, da man do Departamento de Normalización Lingüística, hoxe participa no famoso Correlinguas cunha mensaxe ben feitiña: "Faille as beiras á túa lingua", así que xa sabedes, a ligar en galego, que din os estudosos que se vende moito mellor na nosa lingua e ao mellor tamén na dimensión sentimental do comercio funciona ben. (Eu non podo opinar, porque como nunca o fixen noutra lingua non teño referencia, e ademais a miña fealdade seguro que tamén inflúe nos resultados, hehe). Ata a próxima!

2 comentários:

LaU disse...

olaa!! bueno...o das letras galegas entregueino !! so e foron 4 follas e pouco, logo metinlle o meu interliñado que meto sempre hehe!! agora vou ler o terceiro capitulo da nosa viaxe! aer que contas...mmm
Bicos!!

Marta disse...

Weeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee
Ese profeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!! ( Alatroita ) jejeje

Está ben a historia, ou non? Jeje!!

Menos mal que non cantamos os día das letras galegas….^o^ Eu quería cantar a de:

O tren que me leva pola beira do miño me leva me leva polo meu camiño

Esa estaba mellor…jejeje!!

Adeuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuss!

Bicooooooooooooooooooooos! =P